Mostrando entradas con la etiqueta Pediatra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pediatra. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de marzo de 2010

Candela (5 meses) visitou a pediatra Elena Caramén

Tras falar coa pediatra, Candela pesa 7,850 Kg e mide 65 cm.
Además Candela ten un hongo no cuciño e a pediatra dalle unha crema "Cerestén" para aplicar 3 veces ao día durante unha semana.
Outras decisións importantes:
- Cambiar o leite ao "2"
- Fruta: xa pode tomar fruta con óso pero que non sexa vermella e sen pelo. Debe tomar uvas e melón.
- Xa pode tomar verdura sempre cunha base de arroz ou patata. A orde de toma das verduras cada 5 días debe ser:
  • zanahoria
  • xudía
  • calabaza (neste momento xa pode tomar carne)
  • calabacín
  • puerro
  • berenxena
  • tomate sen pel
  • cebola
  • pementos
  • acelgas
A carne debe ser 15gr/día incrementando 5gr cada mes ata chegar a un máximo de 40gr por toma.
A carne irase cambiando cada 10 día no seguinte orde: polo, pavo, tenreira, coello e cordeiro.

A comida en xeral será sen sal, con aceite de oliva en crú e estará entre 180ml e 350ml.

miércoles, 24 de febrero de 2010

Candela visitou a pediatra Elena Caramén

Tras falar coa pediatra, Candela comenzará a tomar fruta ata 120 ml - 200 ml.
O orden da fruta non é importante pero recoméndanos:

  • mazá
  • pera
  • naranja
  • plátano


É recomendable non mezclar mazá e plátano porque da gases.

Ademáis pódense mezclar de 1 a 3 galletas sin gluten.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Candela visita á pediatra da Seguridade Social

Karina-con-Candela-Dolce-Vita-Ferrol-P1020646Image by jppaz via Flickr

Hoxe fomos á pediatra da Seguridade Social, Ana.
Comentámoslle a situación actual:
  • Ata agora non sabiamos canto leite tiña nos peitos Karina. Polo tanto estivemos a última semana utilizando un sacaleites (mellor dito estivo Karina ;). Gracias a estas probas puidemos ver que Karina empezou sacando 20ml e 50ml.
  • Por outro lado estábamos dándolle a Candela un suplemento de 30ml.
  • Resumen: Candela estaba tomando entre 80ml e 90ml. Na última semana sospeitando que isto non era suficiente pasamos por "motu propio" a 120ml.
  • Candela despertaba sempre chorando de maneira desesperada.
  • Por outra banda, vemos no bote de leite en polvo que unha nena de 2 meses debe tomar 180ml. Ademáis outro neno de un mes e dez días tamén estaba tomando 180ml de biberón.

Con esta situación reclamámoslle á pediatra unha solución xa que supomos que non lle estamos a dar suficiente alimento a Candela y estamos preocupados.

A resposta da pediatra é clara:
  • Unha nena como Candela ten que estar tomando máis de 120ml.
  • Continuemos dándolle 150ml.
  • Se Candela acaba co biberón iremos incrementando 30ml.
Tras esta consulta con Ana vimos para a casa máis tranquilos, e xa lle damos a Candela o biberón con 150ml que o toma casi completo!
A partir de agora o mínimo son 150ml e iremos vendo a evolución para incrementar próximamente a 180ml.

martes, 1 de diciembre de 2009

Candela vai á revisión dos 2 meses

Candela-a-punto-de-sonreir-P1020547Image by jppaz via Flickr

Chegamos onde Elena Caramés e comentámoslle que desde onte estivemos dándolle 30ml de biberón sen problemas.
Isto danos alivio porque quere dicir que non parece que haia problemas graves.
Elena coméntanos que nunha semana podemos ir incrementando o tamaño do biberón. ¿Cómo? Pois enchendo o biberón con 60ml pero dándolle só 40ml e tirar o que sobre. Ir subindo a 50ml e así progresivamente.

Como se trataba de revisión tamén mirou o peso: 3,900 Kg e mide 54. cm.

Por outro lado tocáronlle as vacunas estándar dos 2 meses e tamén do rotavirus:
  • 2ª dosis de Hepatitis B
  • Difteria
  • Tétano
  • Tose ferina
  • Hib (Haemophilus influenzae B)
  • Polio
  • Meningococo C
  • Ademáis tamén a vacunamos do rotavirus coa vacuna Rotateq.
Elena avísanos do que podería pasar e danos instruccións:
  • Paso 1: Darlle 0,6 ml de Apiretal. Se tivese fiebre poderiamos darlle outros 0,6ml cada 6 horas.
  • Paso 2: Pode ter un shock, é dicir, podería quedar durmida e non reaccionar. Por isto debemos estar pendiente dela cada pouco tempo e ver que reacciona, sobre todo se queda durmida. Se non reaccionase é un urxencia de hospital.
  • Paso 3: Soe ocorrer que a zoa onde se inxecta se endureza e tamén a nena estará máis mimosa durantes as vintecatro horas seguintes.

A próxima visita é dentro dun mes na que se porá a segunda vacuna Rotateq e a primeira de Prevenar.

lunes, 30 de noviembre de 2009

Candela vai coñecer os resultados da análise

Blue eyeImage by _Hadock_ via Flickr

Hoxe á primeira hora fomos Candela, Karina e eu a visitar a pediatra Elena Caramés.
A idea era coñecer os resultados da análise que fixeramos o xoves pasado, tanto de sangue como de orina.

A análise foi todo correcto excepto en transaminasas que estaban relativamente altas pero non era para preocuparse aínda que sí para vixiar. As transaminasas altas indican que hai que revisar o fígado.

Aínda que falta coñecer se Candela é alérxica a 3 proteínas (falta unha semana para coñecer eses resultados) para o resto deu todo negativo.

Maña ás 13h30 toca por a vacuna do retrovirus (Rotateq), pesala e medila!

jueves, 26 de noviembre de 2009

Candela visita á pediatra e volve co biberón debaixo do brazo

Candela-con-19-dias-2-P1010707Image by jppaz via Flickr

Karina levou a Candela á pediatra Elena Caramés. O resultado foi que en 10 día incrementou o peso 140 gramos. Moi pouco! Elena ponlle un complemento co biberón.
Un biberón só nunha toma debe ser de 120 ml con 4 cucharadas colmadas de leite en polvo: unha cucharada por cada 30 ml.

A primeira toma foi o 25-nov-2009 ás 16h30 con 120ml. Candela tomou todo o biberón en tan só 20 minutos: Increíble!
Pola noite a toma é de teta ás 22h00.
Ás 2h00 do 26-nov-2009 desperta e pide a seguinte toma: dámoslle biberón pero... devolveuno todo!
Dámoslle un pouco de Blevit quentiño e aguanta ata as 6h00 e xa lle damos toma de peito.

Agora veremos cómo transcurre o día de hoxe!? (xoves, 26-nov-2009)

viernes, 20 de noviembre de 2009

Candela coñece á Pediatra da Seguridade Social

Candela-saluda-The-Cocktail-por-el-regalo-P1020678Image by jppaz via Flickr

Hoxe Candela foi a coñecer a súa nova pediatra na Seguridade Social.
Foi unha visita para ver a evolución do peso desde o luns con Elena Caramés.
A evolución non parece boa xa que hoxe pesaba 3,640 kg fronte a 3,600 kg do luns.

De todos os xeitos a doctora comentounos que ve a Candela perfectamente e que non é motivo para preocuparse. Pola súa parte esperaría á próxima visita a Elena para ver a evolución e nese momento tomar a decisión do complemento se fose necesario.

Non sabemos cómo se chama, pero é unha rapaza de Coruña con tres nenos e algunhas cousas máis que comentamos... Isto supón que é unha pediatra que mostra cariño tanto pola rapaza como polos pais.

Foi un gusto coñecela e esperemos que continúe ahí na próxima visita.

lunes, 16 de noviembre de 2009

Candela estrena pediatra

Candela-con-novo-modelo-camisa-pantalon-P1020611Image by jppaz via Flickr

Hoxe Candela foi a súa nova pediatra Elena Caramés Bartolomé.
Elena tamén é a pediatra de Hugo e Mateo, fillos de Graciela e Sergio, e Javi e Elisa respectivamente.
Nesta revisión falamos do seguinte:
  • Peso: 3,600 kg. Está por debaixo do que debería. Esperaremos 15 días para ver cómo vai antes de aplicar un suplemento co biberón. Elena prefire que continúemos dándolle o peito, por iso esperaremos a evolución.
  • Altura: 53 cm.
  • Vacuna. Toca a vacuna do Rotavirus. Ao contrario do que nos dixera a anterior pediatra, Elena recoméndanos o Rotateq. ¿Por qué?
  • É unha vacuna contra 5 virus. O Rotarix cubre só 3 virus.
  • Con cada dose a nena queda inmunizada ata a próxima dose. En total son 3 doses. OLLO: Co Rotarix só ten eficacia se se toman as 2 doses, e non queda totalmente inmunizada ata a aplicación da segunda dose.
  • Elena ensinounos a limpiarlle as fosas nasais con suero e unha xeringa: Tumbala de lado. Aplicar o suero coa xeringa na fosa nasal superior para que saia o líquido pola inferior e incluso pola boca. Despois cambiala de lado e facer a mesma operación pola outra fosa nasal.
  • Elena tamén comentou que non tiña catarro. Nese momento os pulmóns tíñaos "perfectos".
  • Deunos un colirio para aplicar aos ollos: 2 gotas en cada ollo cada 8 horas durante 1 semana.

martes, 3 de noviembre de 2009

Candela coa pediatra na revisión do primeiro mes

O día 2-nov-2009 fomos os tres, Candela, Karina e eu, á revisión coa Pediatras de Adeslas.

A Pediatra Alejandra Rañal revisouna para ver avances respecto á revisión do día 19-out-2009:
  • Peso: 3,400 kg. Aumentou 340 gr. o que significa máis de 21 gr por día. A pediatra dixo que estaba moi ben.
  • Medida: 51 cm. Creceu centímetro e medio desde a última visita. Está moi ben.
  • Muguet: xa desapareceron os hongos.
A pediatra fálanos de dúas vacunas que non están incluidas no calendario habitual de vacunas, e polo tanto debemos pagar aparte (en torno aos 200 EUR cada vacuna, pendiente confirmar coa farmacia):
  • A vacuna contra o "rotavirus", chamada Rotarix, por vía oral e porémoslla o día 16-nov-2009 cando Candela teña 1,5 meses.
  • A vacuna contra o neumococo chamada Prevenar.

lunes, 19 de octubre de 2009

Candela coa pediatra pasando segunda revisión

Hoxe, 19-out-2009 fomos os tres, Candela, Karina e eu, á revisión coas Pediatras: Adeslas e Seguridade Social.

Adeslas
A Pediatra Alejandra Rañal revisouna para ver avances respecto á primeira revisión do día 14-out-2009:
  • Peso: 3,060 kg. Aumentou 100 gr. o que significa 20 gr por día. Está xusto na franxa da normalidade (entre 20 e 30 gr ao día é o normal).
  • Medida: 49,5 cm. Creceu medio centímetro ;)
  • Muguet: Candela tiña hongos na boca, chamados Muguet (Candidiasis oral). Tras a aplicación de Fungisdin Oral (1 aplicación en cada sitio da boca onde están cun bastonciño dos oídos, e isto repetilo 3 veces ao día despois da toma) xa desapareceron os hongos.
    De todos os xeitos manteremos a aplicación dunha soa vez ao día durante unha semana máis para asegurarnos da erradicación total.
  • Próxima revisión o día 2-nov-2009 ás 9h00.
Seguridade Social
Hoxe tamén tivemos cita coa Pediatra Margarita Roget Miñones.
Confirmou o anterior pero nunha revisión totalmente superficial e carente de calquera contacto agradable (tampouco foi desagradable... só faltaba).
Próxima revisión o día 4-nov-2009 ás 10h40.

miércoles, 14 de octubre de 2009

Candela vai á revisión médica

Hoxe tocou revisión médica coa Dra. Alejandra Rey Rañal de Adeslas da Rúa Rubine, ao lado da Praza de Pontevedra en Coruña.
Conclusións
  • A pel está caíndo en mans e pés: totalmente normal.
  • Ombligo: curado correctamente.
  • Pel amarela: xa está normalizada.
  • Derrames nos ollos: totalmente normal.
  • Peso: 2, 960 kg.
  • Medida: 49 cm
  • Chupete: xa ten 12 días polo que podemos darlle o chupete para evitar que xogue coa teta.
  • Biberón: por agora non. Esperaremos á próxima visita que será o próximo luns 19-out-2009.
  • Muguet: Candela ten hongos na boca chamado "Muguet" (Candidiasis oral).

Ter en conta
  • Ombligo: nos baños pasarlle alcohol de 70 graos.
  • Pel amarela: Tomar Vitamina D3 Kern Pharma: 6 gotas 1 vez ao día. Isto ata que cumpra 1 ano.
  • Para o "Muguet" (Candidiasis oral) dannos Fungisdin Oral: 1 aplicación en cada sitio da boca onde están cun bastonciño dos oídos, e isto repetilo 3 veces ao día despois da toma. A nai tamén ten que aplicar o gel na teta despois de cada toma. Isto durante 1 semana.
  • Peso: 2, 960 kg. Debemos non darlle a toma antes de 3 horas. Se Candela se desespera por comer antes das 3 horas darémoslle a infusión Blevit Digest. Unha cucharada de café disolta en 50 ml de auga fervendo. Máximo 50 ml ao día.