Image by _Hadock_ via Flickr
Hoxe á primeira hora fomos Candela, Karina e eu a visitar a pediatra Elena Caramés.A idea era coñecer os resultados da análise que fixeramos o xoves pasado, tanto de sangue como de orina.
A análise foi todo correcto excepto en transaminasas que estaban relativamente altas pero non era para preocuparse aínda que sí para vixiar. As transaminasas altas indican que hai que revisar o fígado.
Aínda que falta coñecer se Candela é alérxica a 3 proteínas (falta unha semana para coñecer eses resultados) para o resto deu todo negativo.
Maña ás 13h30 toca por a vacuna do retrovirus (Rotateq), pesala e medila!
No hay comentarios:
Publicar un comentario