Image by jppaz via Flickr
Hoxe Candela foi a coñecer a súa nova pediatra na Seguridade Social.Foi unha visita para ver a evolución do peso desde o luns con Elena Caramés.
A evolución non parece boa xa que hoxe pesaba 3,640 kg fronte a 3,600 kg do luns.
De todos os xeitos a doctora comentounos que ve a Candela perfectamente e que non é motivo para preocuparse. Pola súa parte esperaría á próxima visita a Elena para ver a evolución e nese momento tomar a decisión do complemento se fose necesario.
Non sabemos cómo se chama, pero é unha rapaza de Coruña con tres nenos e algunhas cousas máis que comentamos... Isto supón que é unha pediatra que mostra cariño tanto pola rapaza como polos pais.
Foi un gusto coñecela e esperemos que continúe ahí na próxima visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario