Image by jppaz via Flickr
Hoxe Candela foi a súa nova pediatra Elena Caramés Bartolomé.Elena tamén é a pediatra de Hugo e Mateo, fillos de Graciela e Sergio, e Javi e Elisa respectivamente.
Nesta revisión falamos do seguinte:
- Peso: 3,600 kg. Está por debaixo do que debería. Esperaremos 15 días para ver cómo vai antes de aplicar un suplemento co biberón. Elena prefire que continúemos dándolle o peito, por iso esperaremos a evolución.
- Altura: 53 cm.
- Vacuna. Toca a vacuna do Rotavirus. Ao contrario do que nos dixera a anterior pediatra, Elena recoméndanos o Rotateq. ¿Por qué?
- É unha vacuna contra 5 virus. O Rotarix cubre só 3 virus.
- Con cada dose a nena queda inmunizada ata a próxima dose. En total son 3 doses. OLLO: Co Rotarix só ten eficacia se se toman as 2 doses, e non queda totalmente inmunizada ata a aplicación da segunda dose.
- Elena ensinounos a limpiarlle as fosas nasais con suero e unha xeringa: Tumbala de lado. Aplicar o suero coa xeringa na fosa nasal superior para que saia o líquido pola inferior e incluso pola boca. Despois cambiala de lado e facer a mesma operación pola outra fosa nasal.
- Elena tamén comentou que non tiña catarro. Nese momento os pulmóns tíñaos "perfectos".
- Deunos un colirio para aplicar aos ollos: 2 gotas en cada ollo cada 8 horas durante 1 semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario