lunes, 23 de enero de 2012

Candela vai ter irmáns

Papá e mamá déronme unha sorpresa: Vou ter irmáns... creo que eles tamén levaron unha sorpresa ;)
Aínda non saben o sexo... pero eles queren a parella.




sábado, 21 de enero de 2012

Candela estrea gafas

Foto na óptica
Primeira mañá con gafas... continúo coa adaptación ;)


Tras a visita  ao "Centro de Ojos" e segunda opinión, decidimos comprar gafas na óptica Rubal no Burgo: 6 (dereito) - 7 (izquierdo con 0,5 de astigmatismo).
Atende Arancha, unha rapaza majísima!

viernes, 20 de enero de 2012

Candela con Miguel voando

Fotos de Candela con Miguel no Forum Metropolitano a cabalo do dragón que está fora.

miércoles, 11 de enero de 2012

Candela baila na Festa de Reis 2012 de NCG

Candela "amarrada no autobús" tratando de bailar ;) e Jesús Prado dando voltas por alí :) Na primeira parte cóstoulle máis... Na segunda parte xa foi mellor pero aínda lle quedaba un pouco :)

martes, 10 de enero de 2012

Candela na festa de Reis 2012 de Novagalicia

Candela trata de seguir á monitora para bailar a canción. Aquí xa tiña collido o tranquillo para bailar... ;) Novo vídeo para ver cómo ao principio costoulle aínda que miraba para as súas colegas :)

jueves, 5 de enero de 2012

Oculista: Meto o ollo

Tras ir ao "Centro de Ojos" en Coruña, o oculista dinos que Candela ten hipermetropía: 6 (dereito) - 7 (izquierdo con 0,5 de astigmatismo). Recoméndanos unhas gas de 6-7 con 0,5.

Tras o susto buscamos segunda opinión do oculista en C/ Fontán, 4; que nos comunica que efectivamente ten hipermetropía 8 en ambos os ollos. Recoméndanos gafas de 6,5 en cada ollo.

Haberá que por gafas !

miércoles, 4 de enero de 2012

Candela e Iria cos osos músicos



Candela Pérez encóntrase con Iria Vázquez, compañeira da guardería, no centro comercial Marineda City vendo os osos músicos no nadal de 2011.