lunes, 19 de octubre de 2009

Candela coa pediatra pasando segunda revisión

Hoxe, 19-out-2009 fomos os tres, Candela, Karina e eu, á revisión coas Pediatras: Adeslas e Seguridade Social.

Adeslas
A Pediatra Alejandra Rañal revisouna para ver avances respecto á primeira revisión do día 14-out-2009:
  • Peso: 3,060 kg. Aumentou 100 gr. o que significa 20 gr por día. Está xusto na franxa da normalidade (entre 20 e 30 gr ao día é o normal).
  • Medida: 49,5 cm. Creceu medio centímetro ;)
  • Muguet: Candela tiña hongos na boca, chamados Muguet (Candidiasis oral). Tras a aplicación de Fungisdin Oral (1 aplicación en cada sitio da boca onde están cun bastonciño dos oídos, e isto repetilo 3 veces ao día despois da toma) xa desapareceron os hongos.
    De todos os xeitos manteremos a aplicación dunha soa vez ao día durante unha semana máis para asegurarnos da erradicación total.
  • Próxima revisión o día 2-nov-2009 ás 9h00.
Seguridade Social
Hoxe tamén tivemos cita coa Pediatra Margarita Roget Miñones.
Confirmou o anterior pero nunha revisión totalmente superficial e carente de calquera contacto agradable (tampouco foi desagradable... só faltaba).
Próxima revisión o día 4-nov-2009 ás 10h40.

No hay comentarios:

Publicar un comentario