Image by jppaz via Flickr
Hoxe fomos á pediatra da Seguridade Social, Ana.Comentámoslle a situación actual:
- Ata agora non sabiamos canto leite tiña nos peitos Karina. Polo tanto estivemos a última semana utilizando un sacaleites (mellor dito estivo Karina ;). Gracias a estas probas puidemos ver que Karina empezou sacando 20ml e 50ml.
- Por outro lado estábamos dándolle a Candela un suplemento de 30ml.
- Resumen: Candela estaba tomando entre 80ml e 90ml. Na última semana sospeitando que isto non era suficiente pasamos por "motu propio" a 120ml.
- Candela despertaba sempre chorando de maneira desesperada.
- Por outra banda, vemos no bote de leite en polvo que unha nena de 2 meses debe tomar 180ml. Ademáis outro neno de un mes e dez días tamén estaba tomando 180ml de biberón.
Con esta situación reclamámoslle á pediatra unha solución xa que supomos que non lle estamos a dar suficiente alimento a Candela y estamos preocupados.
A resposta da pediatra é clara:
- Unha nena como Candela ten que estar tomando máis de 120ml.
- Continuemos dándolle 150ml.
- Se Candela acaba co biberón iremos incrementando 30ml.
A partir de agora o mínimo son 150ml e iremos vendo a evolución para incrementar próximamente a 180ml.
No hay comentarios:
Publicar un comentario