Image by jppaz via Flickr
Isto danos alivio porque quere dicir que non parece que haia problemas graves.
Elena coméntanos que nunha semana podemos ir incrementando o tamaño do biberón. ¿Cómo? Pois enchendo o biberón con 60ml pero dándolle só 40ml e tirar o que sobre. Ir subindo a 50ml e así progresivamente.
Como se trataba de revisión tamén mirou o peso: 3,900 Kg e mide 54. cm.
Por outro lado tocáronlle as vacunas estándar dos 2 meses e tamén do rotavirus:
- 2ª dosis de Hepatitis B
- Difteria
- Tétano
- Tose ferina
- Hib (Haemophilus influenzae B)
- Polio
- Meningococo C
- Ademáis tamén a vacunamos do rotavirus coa vacuna Rotateq.
- Paso 1: Darlle 0,6 ml de Apiretal. Se tivese fiebre poderiamos darlle outros 0,6ml cada 6 horas.
- Paso 2: Pode ter un shock, é dicir, podería quedar durmida e non reaccionar. Por isto debemos estar pendiente dela cada pouco tempo e ver que reacciona, sobre todo se queda durmida. Se non reaccionase é un urxencia de hospital.
- Paso 3: Soe ocorrer que a zoa onde se inxecta se endureza e tamén a nena estará máis mimosa durantes as vintecatro horas seguintes.
A próxima visita é dentro dun mes na que se porá a segunda vacuna Rotateq e a primeira de Prevenar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario